Programa

PROGRAMA

Avance provisional que iremos ampliando e concretando ata o mes de maio.

Máis adiante figurarán un dietario, cos actos correspondentes a cada xornada, e un plano de localización de cada actividade.

Actividades previas:

  • Actos de presentación e divulgación do XIII Encontro en Combarro e outras localidades.
  • Presentación de Ardentía, revista da cultura marítima e fluvial.

Pernoctación e manutención: (Só para tripulantes, voluntariado e outros participantes)

  • Pavillón e acampada gratuítos.
  • Carpa mariñeira: xantar e cea cada xornada.
  • Taberna mariñeira.

Navegación e embarcacións:

  • Amarres e fondeos (con servizo de barqueiros) gratuítos para as embarcacións tradicionais.
  • Reunión diaria de patróns ás 11:00
  • Navegacións diarias de mañá (11:30 a 13:30) e tarde (17:00 a 20:00).
  • Izada de velas de todas as embarcacións acompañando a inauguración oficial o xoves.
  • O mar para todos: navegación con persoas discapacitadas venres á mañá.
  • Saúda ás novas embarcacións: recepción das embarcacións recuperadas desde a última edición.
  • Visitas guiadas ás embarcacións.

 Actividades permanentes:

Horario: 11:00 a 14:00 e 17:00 a 21:30 h

  • Pavillón do patrimonio: mostras diversas sobre patrimonio marítimo e fluvial.
  • Mostra de artesanía: Artesanía de Galicia.
  • Exposicións, obradoiros, librería mariñeira, radio-afeccionados…
  • Recitais poético-musicais e outros espectáculos.
  • Roteiros e visitas guiadas.

 Encontro Infantil:

Ludoteca mariñeira, xogos tradicionais, actividades de iniciación ao nautismo e á preservación do patrimonio e do medio natural. 

Música:

  • Animación diurna
  • Concertos nocturnos

Tamén pode ver un breve vídeo sobre o XII encontro de Cabo de Cruz,