Presentación do encontro no IES de Poio

O luns 13 de Marzo Manolo Garcia Sendón presidente de Culturmar e Joaquin Fabeiro presidente da A Reiboa, fixeron unha presentación do Encontro no IES de Poio ante unha boa representación do alumnado e algúns profes. A mensaxe básica: foi pedir que participen e se impliquen na organización do encontro.

Participa como voluntario: ¡¡¡APUNTATE!!!

Se tes máis de 16 anos podes colaborar coa organización do XIII Encontro como voluntario/voluntaria.

Se queres colaborar podes facelo segundo a túa dispoñibilidade, dende unhas horas ata varios días, anotandote nesta ligazón.

Vivirás o Encontro dende dentro.