Benvida

XIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA    Combarro-Poio 2017

Entre os vindeiros 29 de xuño e 2 de xullo celebraremos en Combarro-Poio a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

O Encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante por distintos portos de Galicia, é unha das manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na península Ibérica e, sen dúbida, a máis masiva polo número de embarcacións e tripulantes que participan…ler máis

Programa definitivo do XIII Encontro:

Programa en pdf

Código QR

Presentación do XIII Encontro

O Museo do Pobo Galego acolleu este sábado a presentación oficial do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia…

Apuntas nos medios:

CTRVG

Diario de Pontevedra

Faro de Vigo

La Opinión (A Coruña)

Pontevedra Viva

Historia de Galicia

Programa provisional

A FEDERACIÓN GALEGA “CULTURMAR”

comprácese en convidalo á presentación do
noveno número da revista NOVA ARDENTÍA
que terá lugar o vindeiro mércores, 21 de xuño de 2017,
a partir das 19.45 horas,
na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela
(Praza de Cervantes, nº 6),
coa participación de

Emilio Xosé Ínsua, coordinador da revista
Sole Rei, deseñadora da revista
Francisco Fernández Rei, membro do consello de redacción
Xaquín Lores, directivo de “Culturmar”

O INCENDIO PROVOCADO DO ESTALEIRO DE CASQUEIRO É UN ATENTADO CONTRA O PATRIMONIO MOAÑÉS E GALEGO

A xunta directiva de CULTURMAR – Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, en nome das máis de corenta entidades que a conforman, manifesta a súa absoluta condena e repulsa polo incendio, provocado segundo todos os indicios, do estaleiro de Casqueiro en Moaña… Ler o texto completo

Fotos de : José Manuel Rodríguez Crespo

 

 

 

Se non tes barco e queres navegar

Durante o XIII Encontro, nas navegacións do sábado e o domingo, a empresa Bluscus que promove o turismo mariñeiro e sostible, ofrece a posibilidade de navegar no balandro “Joaquín Vieta”; na tarrafa “Chasula”; na goleta “Evangelina” e no galeón “Sanxenxo”. Deste xeito os visitantes terán oportunidade de sentir a navegación nunha embarcación tradicional e participar no propio Encontro.

Para máis información pica nesta ligazón.

Para mercar o teu billete pica nesta ligazón: Ataquilla.com

A conferencia “O mar na historia de Galiza” na prensa

Combarro será a capital europea da cultura marítima no mes de xuño (pontevedraviva.com 20/05/2017)

Combarro, listo para ser la “capital” de la cultura marítima (Faro de Vigo 20/05/2017)

Combarro, capital europea de las embarcaciones tradicionales (La Voz de Galicia 20/05/2017)

O vindeiro venres 19, no Museo de Pontevedra, terá lugar un dos actos previos ao XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Combarro-Poio 2017:

Conferencia a cargo de Bernardo Maiz: “O mar na historia de Galiza”. Un percorrido, non exento de datos e anécdotas, sobre os principais feitos que condicionaron a nosa cultura, o noso xeito de entender o mar e como o ocupamos e vivimos.

Data e hora: venres 19, ás 19:30 h.

Lugar: Sexto edificio do Museo de Pontevedra, rúa Padre Amoedo Carballo, 3.

Antes da conferencia farase unha breve presentación do Encontro.

Presentación do encontro no IES de Poio

O pasado luns 13 de Marzo, os presidentes de Culturmar e do Clube Mariño A Reiboa, Manolo Garcia Sendón e Joaquin Fabeiro, fixeron unha presentación do Encontro no IES de Poio ante unha boa representación de alumnado e profesorado do centro. 

Na exposición, exemplificada coa proxección de vídeos de edicións anteriores, sintetizaron os contidos, actividades e obxectivos do evento, ao tempo que se convidou o auditorio á súa participación e implicación para lograr unha gran celebración da cultura marítima galega e local.

Anímate a participar!

Se tes máis de 16 anos podes colaborar coa organización do XIII Encontro como voluntario/voluntaria.

Se queres colaborar podes facelo segundo a túa dispoñibilidade, dende unhas horas ata varios días, anotandote nesta ligazón.

Vivirás o Encontro dende dentro.

Apuntate aquí

Seis concertos animarán as noites do Encontro de Combarro

Susana Seivane, Caxade ou Agoraphobia compartirán protagonismo con charangas ou corais locais

O comité organizador do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Combarro do 29 de xuño ao 2 de xullo, reuniuse na pasada tarde de sábado para avanzar na configuración do cartel do evento. Serán catro xornadas nas que a música se presenta como o complemento perfecto para o extenso programa de actividades que está a piques de pecharse…

Ler a nota de prensa completa

Fotos da reunión do comité organizador:

Noticia en Faro de Vigo (27/05/2017)

O sábado día 13, ás 19:30, na escola do Campo en Combarro, teremos unha charla para ir contándolle aos veciños de Combarro e Poio o que é un Encontro, e como participar nel.

Estará alguen de Culturmar (Culturamaritima) para contarnos que é o patrimonio marítimo, que é un Econtro, alguen do Clube Mariño A Reiboa para explicar como se vai organizar o XIII Encontro, e algún voluntario de edicións anteriores para contarnos a súa experiencia.

Tamén se proxectarán algún pequeno video e fotos de outras edicións.

Concertos na carpa mariñeira e animación na rúa

 

 Exposicións

Obradoiros:

Artesanía

Roteiros e visitas guiadas

Enredos infantís